Venres. 19.04.2024
El tiempo

Coristanco abre unha novedosa e fundamental Escola de Avós/as

escola avos coristanco
Coristanco abre unha novedosa e fundamental Escola de Avós/as

Sempre falamos de Escola de Pais e Nais pero nunca de Escola de Avós e Avoas. E nestes tempos onde seguen sendo parte fundamental da educación d@s nos@s fill@s, e nos que a era dixital ten cambiado moitos roles, parécenos unha proposta fundamental.

Niso está o Concello de Coristanco, que vai iniciar un programa de convivencia para eses maiores que coidan cada día aos seus netos.

Aprender como inflúen as novas tecnoloxías e as pantallas nos nosos pequenos, ser capaz de comprendelos mellor, coñecer as diferentes etapas da infancia, aprender a levar con máis prudencia a resolución de conflitos, familiarizarse cos hábitos de vida saudable, fomentar a igualdade de xénero… son algunhas das temáticas que se van desenvolver nas 10 sesións cas que conta este programa

Pero tamén haberá tempo para eles, para os nosos maiores, e poderán compartir as súas experiencias e dúbidas reais, escoitarse os consellos dos uns aos outros, así como traballar a autoestima, e mesmo realizar algunha sesión de risoterapia.

As sesións, que comezarán seguramente a partir de marzo, impartíranse os venres de 10:00 a 11:30 na Casa Rectoral de Erbecedo, que estivo parada moito tempo, e así tamén cobra vida.
Para informarse poden achegarse á Casa do Concello de Coristanco ou ben, chamando ao 981.733.001 / 629 932 184.

Comentarios