Domingo. 17.10.2021
El tiempo

Coristanco celebra unha fin de semana de homenaxe á Pataca

Festa da Pataca 2021
Coristanco celebra unha fin de semana de homenaxe á Pataca

Volve setembro, e con el e o control da pandemia, volve a homenaxe de Coristanco ao seu produto estrela, a pataca. Faino cun completo programa para a exaltación de dito tubérculo. Gastronomía, música, poesía, cine, encontros literarios...

Quero Pataca! Ruta dos Pinchos

Este ano, 11 locais hostaleiros presentarán as súas propostas para a Ruta dos Pinchos 2021, todos eles coa pataca como protagonista. Ademais proverán das Cartillas de Quero Pataca a todos o participantes na degustación. Ao lograr cinco selos diferentes, un por cada pincho, poderase entrar no sorteo de 11 experiencias gastronómicas no noso municipio.

Concurso escaparatismo de exaltación á pataca 2021

Ademais, inicia un certame para mellorar a imaxe comercial dos establecementos e engalanar así o noso municipio nestas datas tan especiais. Premiaranse os escaparates mellor decorados entre o 17 e o 20, en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais, e valorarase a evocación de elementos identitarios de Coristanco co emprego da pataca como elemento base. Cómpre inscribirse antes do 16 de setembro no rexistro.

Actividades paralelas

Ademais, numerosas actividades como as Xornadas Kennebec para as crianzas de entre 3 e 12 anos, a proposta de natureza Sendeiros que namoran, ou as exposicións e as xornadas técnicas do xoves 16 na Rocheira.

O vdnres hai de todo, coa Mekánica Roll Band na praza do Concello e cine familiar ao aire libro. E o domingo, poesía emúsica con Aldaolado. Inscricións no 651 664 908.

comentarios