Coristanco, a piques de unirse á Rede de Concellos Emprendedores

Xa é un dos centros galegos da Rede do Polo de Emprendemento. Pero Coristanco segue afianzando a súa posición como concello emprendedor, e por iso está a piques de unirse á rede de Concellos Emprendedores de Galicia, formada por agora por 45 concellos.
Así o explica a Xunta trala reunión celebrada onte entre o alcalde, Juan Carlos García, os membros da Secretaría Xeral Técnico da Consellería de Economía, Industria e Innovación para analizar asuntos vinculados co desenvolvemento do Polígono Industrial, cunha adxudicación xa foi aprobada este verán.
Agora, para adherirse á rede, que pretende trasladar confianza e seguridade xurídica ao tecido económico, o Concello ten que aprobar uha modificación en pleno. A Xunta emitirá nos vindeiros 3 meses un informe para axudarlle ao concello para captar fondo.