Venres. 19.04.2024
El tiempo

Adxudicada a redacción do Polígono de Coristanco

O Poligono da Coristanco ira preto da Autovia
O Poligono da Coristanco ira preto da Autovia
Adxudicada a redacción do Polígono de Coristanco

A Xunta vén de anunciar a adxudicación da redacción do Proxecto de interese autonómico (PIA) para o parque empresarial de Coristanco. A empresa Antea Iberolatam S.L.U. terá que facer o proxecto por máis de 58.000 euros e nun prazo de execución de 9 meses.

Un parque que estará localizado no extremo leste de Coristanco, nun punto intermedio entre a capital municipal e a vila de Carballo, das que dista 2 quilómetros pola estrada AC-552 (A Coruña-Fisterra). Atópase, ademais, próximo ao enlace de dita estrada coa autovía AG-55 (A Coruña-Baio). De xeito local, forma parte da parroquia de Oca, onde se sitúa preto dos núcleos de Montecelo e A Miñata.

Novas relacionadas

Comentarios