Coristanco reparte este xoves composteiros
Este xoves 13 de abril, o Concello de Coristanco organiza unha xuntanza de promoción da compostaxe caseira. A xornada comezará nos centros de educación infantil e primaria Canosa-Rus e Bormoio-Agualada, onde os máis pequenos poderán participar nun obradoiro no que se traten diversas problemáticas medioambientais derivadas da xeración de residuos, así como unhas nocións básicas de compostaxe doméstica.
Ás 19:00, no Edificio de Usos Múltiples de Coristanco, tras unha pequena formación por parte de O CAMIÑO SOSTIBLE aos asistentes, procederase á entrega de composteiros de uso doméstico. Para poder recibir o composteiro cómpre recordar que é necesario estar inscrito ao programa de compostaxe doméstico do concello de Coristanco, ben a través dun formulario online, do correo electrónico a [email protected] ou de forma presencial na Biblioteca Municipal.
A veciñanza terá a súa disposición o número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp) e o correo electrónico [email protected] para resolver calquera tipo de dúbida. Este servizo esta atendido por un biólogo experto en compostaxe.