Coristanco tamén adía a 40ª edición da Festa da Pataca
Non queda unha. O covid-19 levouse o verán festivo ao completo da Costa da Morte. Nin as últimas festas (a Romaría da Barca, por exemplo) de setembro puideron co virus. Tampouco o fará a Festa da Pataca, que este ano ía celebrar a súa 40ª edición.
O Concello esperaba que fose unha edición moi especial, e tratou de pospoñer todo o posible a decisión de celebrar ou non a edición tan especial deste ano, “mais valorando a situación actual e a negativa evolución dos últimos días en relación á pandemia de COVID-19, decídese suspender a organización de todos os actos”.
”Trátase dunha meditada e difícil decisión, pero debemos priorizar, por encima de todo, a saúde tanto dos veciños e veciñas de Coristanco como de todas aquelas persoas que ano tras ano nos visitan durante esta celebración”, explican dende o Concello.