Coristanco únese este xoves ás cadeas solidarias rosas para loitar contra Cancro de Mama
10:24 14/10/23
Tras accións desenvoltas en Cee, desta volta tócalle sacar o lazo rosa á Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco polo Día do Cancro de Mama.
Será o vindeiro xoves 19 de outubro de 2023 cando a entidade faga unha nova cadea humana Solidaria Rosa, co gallo da data, para pedir máis investigación, e demostrar así apoio aos pacientes e dar conta da importancia da prevención.
A entidade espera unha máxima participación na cadea do xoves 19 ás 20:30 h. na praza do Concello de Coristanco.
Pero tamén invita á Comida Solidaria que artella o domingo 22 de outubro en Casa Sánchez (Coristanco). Xa podes mercar a entrada máis solidaria no 609705100.