Martes. 23.04.2024
El tiempo

David Arcay dirixirá unha xornada da Escola de Río de Coristanco

David Arcay, á esquerda, recollendo un premio nun campionato costeiro
David Arcay dirixirá unha xornada da Escola de Río de Coristanco

Está aberto o prazo de inscrición para a xornada de Escola de Río que se vai celebrar este sábado 9 de outubro na Rocheira, en Coristanco. A actividade consistirá en clase teórica-práctica de lanzado pola mañá na área recreativa da Rocheira, e pola tarde, práctica no río, nos muíños de Verdes. A actividade estará a cargo de David Arcay, Campión do Mundo individual, 3 veces Campeón do Mundo por equipos, Subcampión de Europa por equipos e Campión de España.

A cita, aberta para nen@s de 8 a 15 anos, será de 11:00h a 13:00h e de 16:30h a 18:30h e require inscrición previa no 651 664 908/665 294 194 ou [email protected].

Comentarios