Denuncian o retraso na recollida dos contedores amarelos en Coristanco

O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia "a ineficacia do Goberno local do PP" na xestón da recollida selectiva de residuos, especialmente no que respecta aos contedores amarelos, que "levan semanas sen ser vaciados".
En concreto, o grupo socialista lamenta que nos 2 meses dende a posta en marcha do novo sistema o Executivo local estivo centrado en “reorganizar os contedores, eliminar algúns afastándoos das vivendas e facer charlas para concienciar á veciñanza sobre a necesidade de reciclar”.
O PSdeG-PSOE de Coristanco insiste en que a reciclaxe non debe ser unha cuestión de rendibilidade económica, senón un compromiso real co medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza. "É imposible concienciar á xente se non se presta un servizo axeitado", conclúe Pérez Abelenda.