Venres. 19.04.2024
El tiempo

Detido un coristanqués por varios delitos de estafa, roubo e danos

Detido un coristanqués por varios delitos de estafa, roubo e danos

A área de Investigación da Garda Civil de Carballo, procedeu en Ordes á detención de veciño de Coristanco como presunto autor de tres delitos de estafa, tres delitos de apropiación indebida e un delito de danos.

Os feitos ocorreron en diferentes localidades da provincia. As apropiacións indebidas consistiron no aluguer de dous vehículos que non foron entregados en prazo ás súas empresas correspondentes. O mesmo delito tamén lle foi imputado ao detido tras non proceder aos pagos do aluguer dun piso en Santa Comba, onde subtraeu todo o mobiliario por valor de 4.500€ e provocou numerosos danos na vivenda.

En canto aos delitos de estafa, atópase o intento de venda dun dos vehículos alugados, a venda doutro vehículo en condicións que non se correspondían co pactado co comprador e cobrar a outro particular por unha caldera que nunca chegou a entregar.
 

Comentarios