Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Dous IES costeiros no Congreso de Coordinador@s de Benestar e Convivencia

IES de Baio e CPI de Coristanco no Congreso de Boas Practicas
Dous IES costeiros no Congreso de Coordinador@s de Benestar e Convivencia

Máis 1.000 coordinadores de centos de ensino de toda Galicia acodiron este mércores 18 de outubro ao Congreso de Coordinadores de Benestar e Convivencia organizado pola Consellería de Educación. Unha cita para escoitar as Boas Prácticas de 5 centros escollidos de todo o país. Entre eles, dous da Costa da Morte, o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, e o IES Maximino Romero de Lema de Baio.

Fina Paulos e Oscar Lareo no Congreso
Fina Paulos e Óscar Rei no Congreso

No caso do centro baiés, o profesorado encargado de representarnos foi Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, profesores de ensino secundario do departamento de informática no centro, que amosaron os proxectos de Intelixencia Artificial que elaboraron co alumnado e no que se traballan valores como: igualdade, solidariedade, empatía ou boas prácticas como a loita contra a homofobia ou contra a violencia de xénero así como o coidado do medio ambiente.

Non é o primeiro premio para estes proxectos STEM do centro, que ten claro que no presente curso hai que continuar con novos proxectos, que irán vendo a luz en vindeiras datas, demostrando que a IA é unha ferramenta facilitadora que nunca poderá substituir a labor do docente que debe continuar sendo sempre o guía do proceso de ensino aprendizaxe. ”A IA ben utilizada, pode xerar beneficios sociais e persoais de grande interese”, explican.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios