Martes. 15.10.2024
El tiempo

Dous posible pactos teñen en vilo Santa Comba

Dous posible pactos teñen en vilo Santa Comba
Ucha Velo Chisco Ameijeiras e Maria Pose

Pendente está Santa Comba dos seus políticos. Os resultados das Municipais, deixa un panorama completamente aberto. Uns resultados que deron media volta ao pleno xalleiro, cun empate a 5 concelleiros entre PSOE e PP, pasando o primiero a ser a forza máis votada, trala súa subida de 650 votos e unha baixada de case 400 dos populares. Deste xeito, e se non hai pactos con Terra Galega, a outra forza con representación plenaria (3 edís), o candidato socialista Ucha Velo convertiríase en alcalde. Pero esto non o saberemos ata o 13 de xuño, o día do pleno de investidura.

Un Ucha Velo que recoñece que “non estou tan contento, pois esperabamos unha maioría contudente, e quedamos lonxe da maioría absoluta. Vese gañas de cambio pero con moito medo, pois este pobo aínda se vota sen liberdade. Moita xente manifestoume que foi ao último mitin do PP pero que ían votarnos a nós e iso significa que non é un pobo libre. Nestes momentos xa está o tecido do PP funciona e presionando para sacar un pacto adiante con TEGA”.

Ucha Velo entende que “o máis razonable é que goberne a lista máis votada e iso pode que non suceda aquí, porque hai outros factores que determinan o futuro. Creo que se foran honestos non poderían pacta. TEGA conseguiu os seus votos dicindo que non pactaría co PP,e ten que cumplir os seus obxectivos electorais, pois o votante de TEGA tíña claro que non ía pactar”. E tende a man a TEGA, con quen recoñece ”nos entendimos perfectamente na oposición, e non entenderíamos que agora non nos brindasen o seu apoio. Ou poden unirse ao PSdG ou nos deixan gobernar en minoría, eso é o único que lle pedimos, que non traizonen ao seu pobo”. Pero sabendo que “nós estamos obrigados de conformar a maioría, e temos que tender pontes para abrir as portas a todos os que queren, sexa a Chisco ou ao PP, que se unan a nós, ten que ser o goberno do pobo”.

Precisamente Chisco Ameijeiras, o candidato de TEGA, ten a chave do goberno, puidendo conformalo con calquera das dúas forzas. Un Chisco que nos responde con rotundidade asegurando que “son unha persoa de a pé e non me gusta facer declaracións”.

Veremos que acontece e se chega a entendemento con María Pose, actual alcaldesa popular tras un ano no goberno despois da dimisión de Antonio Landeira, que recoñece que non foron uns resultados positivos. “Imos traballar pola nosa xente, teremos que sentarnos a falar. Onte foi reflexión e a finais de semana teremos un pouco máis marcadas as liñas”, indica en relación a posibles negociacións con TEGA.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios