O EFA Fonteboa acolle unha xornada de intercambio de coñecementos sobre apicultura

09:19 28/02/22
O Centro de Investigación, Capacitación e Promoción Apícola (CICAPIS) achégase ao Centro de Promoción Rural Efa-Fonteboa para organizar unha xornada sobre “Compartindo experiencias” (intercambio de coñecementos en apicultura), focalizada á utiliozación do Ácido Oxálico.
A cita está prevista para o sábado 5 de marzo, de 12:00h a 18:00h, con Juan Ramón Gentil como ponente.
A cota de inscrición é de 10 euros (15 para non socios) e se pode realizar en fonteboa@fonteboa.es ou no 981 733 051.