A EFA Fonteboa escolle o Mellor Mel de Galicia e o da Costa da Morte
07:30 19/11/25
Este sábado 22 de novembro, o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco abre as súas portas para a XX Cata de Mel. Unha das súas citas anuais obrigatorias, enmarcada no plan formativo do CECAPIS (Centro de Investigación, Capacitación e Promoción Apícola).
Na sesión escollerase o Mellor Mel de Galicia e tamén o Mellor Mel da Costa da Morte.
A xornada arrincará ás 17:30h cunha charla os meles da comarca, da man de María del Carmen Seijo Coello. Depto. Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo. Facultade de Ciencias de Ourense - Universidade de Vigo.
Ás 18:30h abrirase a Cata para posteriormente dar os premios.

