Eleccións #24M Santa Comba: O PSOE colócase como forza máis votada
00:58 25/05/15
Deulle a volta o PSdG ás eleccións convertíndose na primeria forza subindo máis de 650 votos con respecto a 2011. Parece que o PP acusou a baixa na metade da lexislatura do seu alcalde Antonio Landeira, e o máis de 350 veciños retiraron o seu apoio a María Pose. Ambas forzas quedan con 5 concelleiros nun pleno 2 edís máis curto que en 2011, se ben non está IxSC. Deste xeito, Jose Antonio Ucha podería ser o novo alcalde xalleiro.
Si que estará como terceira forza o Terra Galega de José Ameigeiras, con 3 concelleiros, tras unha boa subida, mentres o BNG queda fóra.
Novas relacionadas
- SANTA COMBA: 4 listas para completar un pleno con 2 edís menos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).