Noite de incendios urbanos en Bergantiños
Tiveron traballo a pasad noite de luns os Bombeiros de Carballo, os efectivos de Protección Civil de Carballo e Coristanco e os do GES de Ponteceso.
Pasadas as 22:10 da noite, informaban un incendio o na cheminea dunha vivenda unifamiliar no lugar de Teixoeiras, Ferreira, Coristanco. A situación solventouse con rapidez, e Protección Civil Coristanco e GES Ponteceso quedou arrefriando a zona, pois os Bombeiros tiñan que saír para outro incendio apenas media hora despois.
Era unha nova chamada, polo incendio na cociña dunha vivenda na Rúa Cemiterio Vello 11-15, de Carballo. Os veciños xa extinguiran o lume empregando 2 extintores de pó antes da chegada dos Bombeiros, que comprobaron coa cámara térmica que non quedaban focos de calor nos mobles e ventilar de forma natural tanto a vivenda coma o corredor do edificio.
Segundo manifestaron os habitantes da vivenda, o lume produciuse nunha tixola que quedou ao lume e propagouse á campá extractora e ao moble anexo. As persoas non precisaron asistencia sanitaria.