venres. 04.07.2025
El tiempo

Novo curso de nivel cualificado de fitosanitarios en Coristanco

Novo curso de nivel cualificado de fitosanitarios en Coristanco

O Concello de Coristanco organiza un curso de nivel cualificado en aplicación de produtos fitosanitarios, a través dunha entidade acreditada. Este curso está dirixido a persoas que precisen o carné cualificado para o manexo profesional de produtos fitosanitarios.

Segundo indican dende o consistorio, esta iniciativa insírese no compromiso municipal coa promoción do rural como motor económico, social e cultural, apostando pola capacitación técnica da veciñanza e polo apoio directo ás actividades do sector agrícola.

 O curso será impartido por unha entidade oficial acreditada e desenvolverase en Coristanco. As datas do curso concretaranse en función da demanda. 
 

As persoas interesadas poden xa inscribirse ou solicitar información adicional a través dos canais oficiais do Concello.

Comentarios