O alcalde de Santa Comba negocia ca Xunta


A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo a pasada mañá unha xuntanza co alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira. Durante a reunión, abordaron diversos temas de interese para o municipio, así como as súas necesidades e a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego no concello.
Un dos temas recurrentes foi a instalación dun parque infantil na Praza a medio facer no centro da vila. Unha praza que quedou sen a segunda fase por razóns económicas, e que agora pode contar co apoio da Xunta para a instalación dun parque infantil.
Visita ás fervenzas de Castriz

A área recreativa da Fervenza de Castriz, que visitamos hai pouco nos Recunchos da Costa acolleu unha xornada lúdica na que participaron os alumnos do CEIP plurilíngue “Pepe de Xan Baña” de Traba-Castriz.
Os alumnos, acompañados dos seus mestres e do alcalde, disfrutaron desta magnífica paraxe e participaron en varias charlas medio ambientais, impartidas por técnicos do Distrito forestal V de Fisterra e que versaron sobre a fauna e a flora da zona.
Senda Peonil

Ademais, as obras da senda peonil entre Guisande e Santa Catalina seguen avanzando, unha necesidade para os veciños de Guisande.
Obradoiro infantil en Semana Santa
Ademais, o Centro de Información a Muller do concello de Santa Comba organiza un obradoiro para esta vindeira Semana Santa, dirixido a nenos e nenas de primaria do municipio.
As actividades do obradoiro desenvolveránse os días 14,15 e 16 de abril entre as 10:00 e as 13:00h. no baixo da vivenda comunitaria. As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse está aberto ata o 10 de abril.
Poden obter máis información ou anotarse no CIM de Santa Comba(Oficinas de Servizos Sociais). Teléfono 981 104 309.
Novas relacionadas
Fonte
- Xunta.