Domingo. 08.09.2024
El tiempo

O Concello de Santa Comba, inocente da morte dunha moza na fonte

O Concello de Santa Comba, inocente da morte dunha moza na fonte
A fonte da rua Miraflores onde faceleu a rapaza

Tráxica foi aquela noite do 29 de maio de 2011 cando a nova moza de Mazaricos perdía a vida caendo da fonte do centro de Santa Comba, na celebración dun evento deportivo. Dende aquela está en marcha o xuizo entre pais da moza e Concello xalleiro, ata que onte se pronunciou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E o fixo a favor do Concello, eximíndoo de calquera responsabiliade polos feitos, deixando a familia sen ningún tipo de compensación. O TSXG considera que foi a neglixencia dos mozos, e non a falta de coidado da fonte por parte do Concello, a culpable do acontecido.

As xentes de Mazaricos recoñecen con triste sorpresa o fallo. Consideran que a tapa da fonte tiña que estar pechada e selada, e cren que alguén ten que ter a culpa dos feitos.
Mentres, o alcalde xalleiro Antonio Landeira, recoñece que é un dos temas máis duros dende que está no posto, se ben aínda non era alcalde.

Fonte

Comentarios