O Festival Shanti On enche de paz Santa Comba
Máis de 400 persoas participaron durante toda a fin de semana nas diferentes actividades do Festival Shanti On, que converiu Santa Comba na capital do mundo do ioga e a meditación da península.
Os mellores especialistas de varias disciplinas estiveron na vila xalleira, enchendo de paz a bisbarr.
Singularmente importantes foron as sesións de formación para os formadores, coa Escola de Yoga Integral Mahasakti, primeiro nivel nacional. Pero ademais da formación, houbo moita meditación, charlas e expositores sobre Medicina Natural e Alimentación Enerxética e Macrobiótica, un deses conceptos que xa están en boca de todos.
Houbo ducias de actividades para nenos, presentacións de libros como o de Sri Aurobindo “Síntesis del Yoga”, Parte III Yoga de Autoperfección. Ademais, os concertos, os showcookings e a capoeira completaron unha fin de semana moi inspiradora.
A gran culpable, ademais da aposta municipal por un evento coma este, é a a mestra Alexandra Rogers das clases do Concello, unha muller está moi implicada no “mundiño” que se volcou na súa organización.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).