O PSOE expulsa a Terra Galega do goberno de Santa Comba
"Hai marexada" por Santa Comba. O PSOE vén de prescindir do grupo de Terra Galega do goberno municipal, anulando o pacto de goberno que mantiñan dende o comezo da lexislatura.
"Pasou o que tiña que pasar, cando dous grupos teñen formas de traballar diferentes e incompatibles", sinala o alcalde, que ten duras palabras para o grupo TeGa. "Nós cremos na honestidade e a transparencia. E para Terra Galega estas dúas palabras non forman parte dos seus códigos. A raíz diso pérdese a confianza polo que non se pode traballar conxuntamente. Por iso tivemos que expulsalo do goberno".
Un Velo que sinala que "estamos dispostos a seguir presentando proxectos interesantes para Santa Comba, e veremos se os partidos son responsables e respectan a vontade do pobo. As hurnas xa falaron, esperemos que as respecten". "Non tememos ningunha moción de censura. Nós imos seguir traballando e presentando cousas para Santa Comba", declarou o alcalde xalleiro.
Recorda o alcalde xalleiro que "xa é a segunda vez que lle pasa a Ameijeiras. Xa cando era concelleiro de obras co goberno de Toja, tivo problemas e foi expulsado. Vólvese repetir a historia con algúns actores novos pero outro xa repetido".
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).