Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Piden máscaras transparentes á Xunta para a mellor adaptación dun mestre con discapade auditiva

tapabocas transparentes
Unha simple medida como máscaras transparentes pode mellorar a docencia dun mestre con discapacidade auditiva
Piden máscaras transparentes á Xunta para a mellor adaptación dun mestre con discapade auditiva

Situación especial á que están a vivir no CEIP de Bormoio-Agualada. Un centro que ten varias incidencias abertas coa administración, que levan sen solucionarse varios meses. “Non hai resposta de ninguén, por ningún lado, sentímonos desamparados de todo”, explica Marcos Varela Rey, presidente da Asociación de pais e nais do centro coristanqués.

Por iso piden a Indalecio Prieto, inspector da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Educación, que tome nota das súas demandas e, por unha vez, os escoite, pois son continuas as chamadas, os escritos, as peticións que levan facendo sen recibir resposta algunha por parte das administracións.

Unha das situacións máis especiais é a que vive o titor dunha das clases, José Luís García González, que ten unha discapacidade auditiva, unha situación perfectamente compatible coas funcións propias segundo o certificado da Consellería de Traballo e Benestar, e que non lle impide desenvolver habitualmente as súas funcións. Xa foi o titor do grupo o ano pasado, e a comunidade escolar ofrécelle todo o seu apoio para seguir facendo a súa labor. De feito, dende a ANPA valoran que é “un profesional atento, implicado, responsable, ao que non queremos perder”.

Xa a finais do pasado curso o centro empezaron os trámites para intentar adaptar o posto deste mestre cunha medida moi sinxela: tapabocas transparentes para o alumnado, que lle permitan ao mestre entender o que están respondendo ou preguntando.

”Noutras comunidades Autónomas xa as están achegando ó alumnado e non entendemos aquí por que non se nos axuda”, explica Marcos, que explica que “as familias xa empezamos a comprar de xeito voluntario estes tapabocas transparentes, pero é un gasto importante para tod@s”. Por iso, solicitan unha axuda económica, ou envío desas máscaras transparentes para mellor desenvolvemento das clases, para “facilitar a súa labor docente, e por conseguinte o mellor rendementos escolar dos nosos fillos”.

Xornada única e transporte

Mentres, os nen@s seguen entrando ás 10:15h e saíndo ás 17:00h. A estar de xa está aprobada dende o ano pasado polo Consello Escolar a Xornada Única, a incompatibilidade cos horarios do transporte do CPI Xosé Pichel impídelle aoi centro cambiar o horario.
Unha situación de absoluta indefensión para ducia de familias que non poden ir a traballar ata deixar aos nen@s na escola.

A Comunidade Escolar lamentan que a Xefatura Territorial da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña tampouco teña respondido ante estas demandas, e instan á Consellería de Educación a interceder para buscar unha solución, ou polo menos que “nos explique a negativa a solicitude de cambios de horario solicitado o curso pasado, a negativa non a entendemos, pois nos meses de xuño e de setembro o transporte fai as mesmas rutas”.

Outras necesidades

Por outra banda, a ANPA tamén pide á Consellería piden mamparas, ou outros sistemas de separación no comedor. “Os nenos non gardan as distancias no grupo burbulla a hora da comida, e evidentemente non teñen o tapabocas posto para comer”, explica a ANPA.

Novas relacionadas

Comentarios