xoves. 14.11.2024
El tiempo

O pleno de Coristanco aproba unha moción para que os impostos dos parques eólicos se reinvirtan nas parroquias afectadas

Unha parte do megaparque de Bustelo, Campelo e Monte Toural afecta a varias parroquias de Coristanco
O pleno de Coristanco aproba unha moción para que os impostos dos parques eólicos se reinvirtan nas parroquias afectadas

Son varios os proxectos eólicos que se proxectan sobre os montes de Coristanco. Ante esta situación, TEGA presentaba no pleno da semana pasada unha moción para que se reinvirtan aqueles recursos obtidos en cada unha das parroquias: venta de madeira, licenzas por instalación de industrias, aproveitamentos de recursos mineiros, etc.

A moción foi apoiada maioritariamente polos grupos da oposición, agás Contigo Coristanco que non estivo presente no pleno, e votada en contra polo alcalde e os membros do PP de Coristanco.

A moción vén a colación xa que nun prazo de varios meses, instalarase un dos parques eólicos previstos no concello de Coristanco, afectando a varias parroquias do concello. O alcalde, no pleno mesmo falou de preto de 2,5 millóns de euros de licenza. Con esta medida, a moción pide que se invirtan todos eles nesas parroquias en forma de infraestructuras, servizos, recursos, etc, xa que son eses veciños e veciñas os que máis se verán afectados polos efectos perxudiciais da súa instalación e funcionamento.

Dende a oposición esperan que se intenten solventar os posibles defectos para aplicar a moción e facer que as licenzas de cada parque revirtan sobre o territorio afectado.

Novas relacionadas

Comentarios