Venres. 29.03.2024
El tiempo

Propoñen unha Festa da Pataca de Coristanco “máis técnica, máis cultural e máis gastronómica”

O Concello de Coristanco xa comezou os trámites para que sexa declarada Festa de Interese Turístico

O alcalde de Coristanco Juan Carlos Garcia e o  concelleiro Jose Manuel Perez Abelenda co presidente da Deputacion
O alcalde de Coristanco Juan Carlos Garcia e o concelleiro Jose Manuel Perez Abelenda co presidente da Deputacion
Propoñen unha Festa da Pataca de Coristanco “máis técnica, máis cultural e máis gastronómica”

O alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, visitou esta semana ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañando polo concelleiro do PSOE na localidade, José Manuel Pérez Abelenda. Unha reunión  para “potenciar” e “revitalizar” a Festa da Pataca, que este ano alcanza a súa 39ª edición.

A intención do concello é facer unha festa “máis técnica, máis cultural e máis gastronómica” e explicou que o seu goberno xa comezou os trámites para que sexa declarada Festa de Interese Turístico. Neste sentido, explicou que este ano o evento contará con xornadas técnicas na que participarán expertos franceses e españois para abordar cuestións coma novas técnicas de cultivo ou melloras no proceso de comercialización, así como sesións de showcooking e actividades culturais paralelas.

Delegar a xestión tributaria

García Pose trasladou tamén a González Formoso a intención do goberno municipal de delegar na Deputación a xestión de distintas taxas e tributos locais no organismo provincial co obxecto de mellorar a recadación.

Comentarios