Luns. 29.04.2024
El tiempo

O PSOE de Coristanco critica a renuncia do Concello a 7 obras de saneamento do POS 2020

  • As obras de saneamento, que estarían financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos 2020, teñen un custo de 456.365,93€
PSOE Coristanco
O secretario provincial do PSdeG e portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, e o candidato socialista á alcaldía de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, na zona afectada
O PSOE de Coristanco critica a renuncia do Concello a 7 obras de saneamento do POS 2020

O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia que o Goberno local do PP de Coristanco está a renunciar a unha serie de obras financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2020.

As citadas obras estarían todas destinadas a mellorar a rede de saneamento, no lugar de Bormoio por un custo de 103.975,93€, no lugar de Ervelleira por 34.079,98€, no lugar de Nogueira por 52.482,65€, no lugar de Carantos por 54.039,93€, no lugar da Rabadeira por 99.056,27€, no lugar de Sorribas por 80.825,28€ e no lugar de Rabuxenta por 31.905,89€.  

Estas actuacións, cun orzamento total de 456.365,93€, foron aprobadas no pleno extraordinario de decembro de 2019 e incluidas no POS+2020. Porén, foron rexeitadas por unha resolución do alcalde, a cal foi remitida á Deputación.

En dita resolución, solicitábase que o diñeiro perdido se revirta na achega concedida a Coristanco no seguinte Plan de Obras e Servicios de competencia municipal. 

Os socialistas de Coristanco poñen en dúbida que isto último sexa posible, “por non existir ningún documento por parte da Deputación da Coruña para que o importe destas sete actuacións volva a Coristanco”.

O portavoz socialista na localidade, José Manuel Pérez Abelenda, xa indicou en diferentes sesións plenarias os múltiples retrasos que se estaban a levar nas obras aprobadas. 

Comentarios