Luns. 29.04.2024
El tiempo

O PSOE pregunta pola RPT coristanquesa

José Manuel Pérez Abelenda PSOE Coristanco
José Manuel Pérez Abelenda
O PSOE pregunta pola RPT coristanquesa

Os socialistas de Coristanco denuncian que o Goberno local, dirixido polo Partido Popular, continúa sen resolver a regularización de postos de traballo no Concello de Coristanco. “Este incumprimento por parte do Goberno local impide solucionar a situación laboral de 18 persoas, que traballan de forma temporal, para que adquiran estabilidade laboral”, lamentan os socialistas. 

“En maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que permitiría solucionar a situación laboral destas 18 persoas. Fronte a isto, o Goberno local continúa sen cumprir a Lei e sen regularizar a situación”, explica José Manuel Pérez Abelenda, voceiro socialista e candidato á alcaldía de Coristanco.

Dende o PSdeG-PSOE de Coristanco esixen “ofertar todas as prazas e que o Goberno municipal desbloquee así o conflito sociolaboral que se arrastra dende fai varios anos”. Neste sentido, o candidato socialista á alcaldía insiste en que 18 persoas “traballan de forma temporal, pero segundo a Lei deberían de adquirir estabilidade laboral, para cumprir co requisito de baixar do 8% na taxa de cobertura temporal”. 
 

Comentarios