Martes. 15.10.2024
El tiempo

Roi Casal trae a Santa Comba o seu espectáculo musical "Son Galego, Son Cubano"

Roi Casal trae a Santa Comba o seu espectáculo musical "Son Galego, Son Cubano"
O próximo sábado, día 28, chega a Santa Comba o espectáculo "Son Galego, Son Cubano" de Roi Casal; unha xornada musical entre Galicia e Cuba que promove a multiculturalidade coa presenza tamén do Coral Saint- Luc Banabakintu de Costa de Marfil que colabora coa asociación Egueire. Roi Casal presentou o seu espectáculo no gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de Maio de 2016 con dous memorables concertos. Para o "show" emprega letras de Neira Vilas e conta cunha gran posta en escena con músicos do dous paises, que o viron en directo máis de 50.000 persoas na xira de 2016. Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña. O concerto terá lugar no Campo da Feira en Santa Comba a partir das 22:00h. A organización corre a cargo do concello de Santa Comba coa colaboración da Deputación da Coruña. Fonte

Comentarios