Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Santa Comba aposta polo Turismo Industrial ca Ruta Alimentaria

Santa Comba aposta polo Turismo Industrial ca Ruta Alimentaria
Unha Ruta Alimentaria para conecer o Turismo Industrial de Santa Comba

Tremendamente interesante a proposta de Turismo Industrial que vén de presentar o Concello de Santa Comba. No marco do proxecto a nivel galego Ponlecaraalturismo.com, o concello xalleiro inauguraba A Ruta Alimentaria de Santa Comba, un xeito de coñecer o tecido empresarial do municipio a través dunha agradable ruta guiada.

Industria, gastronomía, gandeiría, agricultura. Todo mestúrase nesta Ruta que se define como “unha verdadeira oportunidade para xerar unha actividade turística en poboacións e zonas non tradicionalmente turísticas, pero tamén serve para dar unha oferta complementaria de calidade e desestacionalizar aqueles destinos turísticos xa consolidados”.

A alcaldesa de Santa Comba presentando a Ruta Alimentaria

A presentación incluíu unha ruta, guiada, nalgunha parte da visita, polo ex alcalde Antonio Landeira, por unha explotación gandeira (Os Agros e A Landra), un horno antigo onde se elabora pan de forma tradicional (A Panadaría Carril), unha fábrica de queixos (Cooperativa Xallas, Explotación Lácteas Terra do Xallas ou Xoven Láxteos Pérez Olveira), artesanos, pintores, herreros, unha fábrica de gaseosas onde nos mostrarán o segredo das súas burbullas (Carbónicas Landeira ca mítica Pitusa), percorreremos os sabores de Santa Comba cuns bos caldos nos seus múltiples locais de restauración e realizaremos sesión fotográfica nunha das cascadas máis impresionantes de Galicia (as de Castriz).

Unha ruta completa podería pasar polos seguintes sitios: a Fábrica de Queixos Pérez Olveira, a Sociedad Familiar Agros, o pintor galego Ramón Astray ou o taller de vidro de Esther Ferreiro, e a tenda de antigüidades Che de Turnes; o Museo Pazo de Santiso; o Resturante Fogón Retiro da Costiña, a Industria de elaborados metálicos para industrias gandeiras Elmega,, a Cooperativa Xallas, Carbónicas Landeira, a Panadería Carril, o ferreiro de Montouto, a mina e o monte de Varilongo e as Fervenzas de Castriz.

Unha visita completa para coñecer os segredos máis ricos de Santa Comba.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios