![operacion kilo santa comba]()
A solidaridade aumenta entre a cidadanía en épocas do Nadal. E iso sabeo ben a concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller, Igualdade e Atención Cidadá do concello de Santa Comba - dirixida por Estefanía Calvelo Muñiz - que un ano máis pon en marcha a
"Operación Kilo 2015".
A través desta campaña recolleran alimentos non perecedeiros, como conservas, aceite, legumes, azucre,... nos edificios do concello de Santa Comba, nas oficinas Servicios Sociais, no centro de Cultura e na piscina Municipal. Ao igual que noutros anos, tamén colaboran coa iniciativa os centros educativos CEIP "Barrie de la Maza" e CEIP Plurilingüe "Pepe de Xan Baña".
Como novidade, este ano uníronse o centro Sociocomunitario da vila e cinco pubs de Santa Comba; Ruta 2000, Supreme, Dunnes, Coppelia e Buday.
A recollida é
ata o próximo vernes 17 de decembro, a excepción dos pubsnos que que recollerán estes productos os sábados 12 e 19 deste mes.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Santa Comba