Santa Comba, capital da meditación co I Festival Nacional de Ioga
Convertirase Santa Comba na capital da meditación a mediados de xuño coa organización do Festival Shanti OM, o I Festival Nacional de Ioga. Os vindeiros 17, 18 e 19 de xuño, o Edificio Multiusos acollerá actividades moi interesantes e enriquecedoras do ámbito do Yoga, a Meditación, a Medicina Natural, a Alimentación Energética e tamén Concertos, Danzas,Terapias, Relatorios e moitas sorpresas máis.
Un Festival aberto a todo o mundo que “xorde do ideal de crear un espazo por e para a Paz Interior de cada individuo e pola Paz Mundial”.
Ademais, o festival ten o seu foco de atención nos máis pequenos, para ir introducíndooo nunha vida sa e consciente. Haberá unha zona para os cativos onde poderán experimentar clases de yoga para niñ@s, a percusión, as artes plásticas conscientes, showcooking, capoeira, danzas e o proxecto" planta un arbol”.
Tamén haberá diferentes postos de todas as escolas de yoga, asociacións do benestar peronal, comida enerxética, masaxe, arte, produtos ecolóxicos, camisetas e moito máis.
Máis información
A partir do 2 de maio ábrese o prazo de inscripción ao Festival.