venres. 02.05.2025
El tiempo

Santa Comba, exemplo de calidade nutricional no menú escolar

Santa Comba, exemplo de calidade nutricional no menú escolar
Ovidio Romero e Maria Pose na cocina do CEIP Barrie de la Maza de Santa Comba Ovidio Romero e Maria Pose na cocina do CEIP Barrie de la Maza de Santa Comba

Recibía este pasado martes o CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba unha visita institucional. O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado da alcaldesa María Pose, achegábase ao centro xalleiro para comprobar unha das 98 avaliacións que a Consellería de Sanidade realizaba nos centros da provincia, que supuxeron unha especial vixilancia sobre os hábitos e o servizo que reciben preto de 19.000 alumnos.

Un programa, enmarcado do Plan Xermola de prevención da obesidade infantil (lembraron que “un de cada tres nenos galegos ten obesidade ou sobrepeso”), que vela polos aspectos nutricionais e a seguridade alimentaria dos menús servidos ós rapaces, tanto en colexios públicos como privados. A consellería traballa de xeito específico en dúas liñas de actuación: o programa de avaliación de menús escolares e o plan de vixilancia da seguridade alimentaria.

O obxectivo é que os menús escolares cumpran as recomendacións alimentarias, manteñan o equilibrio nutricional en todos os produtos, analizando tamén a forma en que estes menús son preparados, e a adecuada información que sobre os menús ofrécese ás familias. A tal fin as Consellerías de Sanidade e Educación editaron a Guía de Axuda para programar os menús escolares e realizaron 25 obradoiros teórico-prácticos para unha boa planificación dos menús escolares, distribuídos en catro localidades (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vimianzo). Nestes obradoiros participaron 332 profesionais, entre persoal de cociña e responsables da planificación dos menús.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios