Santa Comba pinta o Nadal


Non paran por Santa Comba. Co programa de Nadal a pleno rendemento, a alcaldesa, María José Pose Rodríguez, vén de inaugurar unha mostra cos traballos realizados polos alumn@s da escola municipal de Debuxo e Pintura “O Nadal”, organizado desde departamento de cultura do concello xalleiro. . Unha mostra que acolle o Museo Terra de Xallas desde o venres e durante todo o mes de xaneiro. A exposición pode visitarse durante as fins de semana (sábados e domingos de 10:00-13:00h e de 17:00 a 20:00h.

No acto de entrega dos premios, que se desenvolveu no salón de actos da vivenda comunitaria, participaron representantes dos centros educativos do concello, así como os premiados, participantes e familiares.
A gañadora foi Adriana Madriñán Castro, do CPR plurilingüe Nosa Señora da Inmaculada. O segundo premio levouno Milena Mancera Garcés, do CEIP Barrié de la Maza, e o Terceiro foi para Noelia Blanco Calvo, do CEIP plurilingüe Pepe de Xan Baña. Ademais, levaron accésits Raluca Constantineasa, do CPR plurilingüe Nosa Señora da Inmaculada, Noa Andrade Domínguez da Escola dos Picotos- CRA Santa Comba, e Ángel Amado Taborda, do IES Terra do Xallas.
Máis actividades por Nadal
Pero non quedan aí as actividades, Este luns 22 de decembro celébrase o Festival de Nadal a cargo da Escola municipal de música moderna, que actuará desde as 20:00h no salón de actos da vivenda comunitaria.
Ademais, ás 19:00 terá lugar no Museo Terra do Xallas a presentación dun partido de fútbol solidario que se celebrará o vindeiro 30 de decembro entre o Coruxo e unha selección da Costa da Morte, partido organizado por QPC.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Santa Comba.