Santa Comba prepara a súa V Ruta das Tapas


Aposta Santa Comba pola gastronomía. Xa botamos un ollo a esa interesantísima Ruta Alimentaria, que mestura gastronomía con industria. Pero desta volta xa collemos a caña na man e imos de tapas.
I é que do 10 ao 19 de abril, Santa Comba vaise de tapa en tapa. 8 establecimentos da capital xalleira participan nesta V Ruta das Tapas, que ademais vén con sorteo, pois entre os que cibran os selos, sortearanse un premio ó Mellor Tapeador que consiste nunha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural.
A Cafetería Vagalume, o Hotel Xallas, o Café Bar A Nosa Vila, a Cafetería Talladas, a Cafetería Trastamara, o Destapa Santa Comba, a Cafetería Alborada e o Restaurante Tío Paco participan nesta actividade gastronómica artellada polos Empresarios xalleiros.
O Prezo da tapa será de 1€ e hai unha tapa por consumición. O horario de degustación será os venres, sábados e domingos de 12:00h a 15:00h e de 20:00 a 23:00h. E o sorte, o venres 24 de abril ao remate da Asemblea Xeral da Asociación de Empresarios.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).