Santa Comba quece motores para o Nadal co Concurso de Escaparates e os preparativos da Cabalgata



Falaremos dunha das cabalgatas máis multitudinarias da zona a vindeira semana. Pero por Santa Comba non teñen parada. Xa están preparando a comitiva que acompará aos Reis Magos o vindeiro día 5. A oficina municipal xa recibe a chamada de ducias de familias para apuntar aos seus cativos, e vós non debedes esperar máis!
Pero ademais, o concello xalleiro está de cheo na organización do 8º concurso de escaparates do Nadal, co que pretende dinamizar o comercio local e fomentar o ambiente de nadal nas rúas de Santa Comba, e no que se van repartir ata 950€ en premios.
Desde a concellería de Comercio, Turismo e Promoción do Emprego acábase de abrilo prazo de inscrición ata o vindeiro 26 de decembro. Os escaparates participantes deberán permanecer invariables desde o remate do prazo de inscrición e ata o 6 de xaneiro de 2015.
O concurso, coordinado desde a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local, conta coa colaboración da asociación de empresarios de Santa Comba.
Haberá tres premios de 500, 300 e 150 euros para os gañadores. Pódese obter máis información e inscribirse na Casa do concello, centro municipal de cultura, edificio multiusos ou no local da asociación de empresarios de Santa Comba.
Na pasada edición os premiados foron (por esta orde): Fotos Teca, Zapatería Pisotones, Citania interiorismo.