Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O sector forestal focaliza o futuro da formación no EFA Fonteboa

Encuentro Dualiza Galicia no EFA Fonteboa
O sector forestal focaliza o futuro da formación no EFA Fonteboa

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa acolleu este pasado venres un Encontro Dualiza. CaixaBank Dualiza, EFA Fonteboa e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) uniron forzas nunha xornada formulada para garantir a formación de futuros traballadores a través da formación profesional no sector forestal.

Unir centros educativos con empresas do sector é un dos principais obxctivos destes encontros, para avanzar na formación de profesionais para darlle continuidade un sector que actualmente emprega a 25.000 persoas directamente (e outrs 50.000 de xeito indirecto) nun sector clave para a economía galega. Lembran que dos 313 concellos galegos, só hai 17 que non teñen actividade relacionadas co sector forestal-madeira.

Así, CaixaBank Dualiza e EFA Fonteboa comezaron a traballar da man do CMD na configuración dun Ciclo Formativo de Grao Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural, así como na elaboración de certificados de profesionalidade de Actividades auxiliares en explotación forestal, repoboación forestal e tratamentos silvícolas e actividades auxiliares en conservación e mellora dos montes.
O ciclo sería o primeiro que se impartirá en Galicia de acordo co establecido no novo Lei de Formación Profesional, en réxime intensivo, que obrigaría ás empresas a asumir o 50% da formación do alumnado.

Comentarios