Vai de salmónidos e castiñeiros en Coristanco
Esta fin de semana de sábado 28 e domingo 29 de maio, Coristanco acolle a Competición de ámbito autonómico Selectivo Salmónidos Mosca. A Federación Galega de Pesca e Casting en colaboración co Concello de Coristanco, desenvolverá no couto de pesca de Verdes a competición autonómica, clasificatoria para o campionato de España da especialidade 2023.
Participan 26 deportistas das catro provincias galegas, e non faltará o catro veces campión do mundo de pesca David Arcay e o actual campión de España, José Luís Fernández Lóez “Cantiz”.
Xornada formativa
O Centro de desenvolvemento Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, impartirá o vindeiro 7 de xuño de 2022 unha xornada formativa de "Planificación para a plantación de Castiñeiros", en horario de 10:00h a 14:00h no Centro Interxeracional da Rocheira.
Compre inscribrirse na Biblioteca Municipal de Coristanco, no 651 664 908 ou [email protected].
Artigos relacionados
- Mark Adkinson: Os evidentes beneficios da pesca sen morte.