Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Por 1 millón de likes para a Costa da Morte

Fotos de Instagram de MuraisLarCmat
Fotos de Instagram para o concurso #MuraisLarCmat
Por 1 millón de likes para a Costa da Morte

Que mellor para darlle vida ao museo ao aire libre que os murais de azulexo de Lar protagonizan en Sanxenxo, que un bo concurso nas redes sociais. Con esa intención nace a nova colaboración entre Suministros Lar e a CMAT, o ente xestor do sector turístico da Costa da Morte, que quere aproveitar as sinerxias que a empresa ten conseguido xerar entre a Costa da Morte e a potente vila das Rías Baixas.

A exposición de murales de azulexo que este ano está situada no Círculo dos desexos é unha representación dalgúns dos deportes que se poden practicar na nosa Costa. E cada visitante que pasea por Sanxenxo leva un anaco da Costa da Morte. Non só na mente, se non tamén no teléfono pois son milleiros de fotografías que aproveitan a facer no museo ao aire libre.

Quedarán ademais imaxes para a historia, como o Juan Sebastián El Cano pasando “por debaixo” dos murais, ou a mestura entre ficción e realidade que deixan os deportes na enseada pontevedresa.

Murais de Lar do azulexo a realidade

E para aproveitar esa sinerxia e dacer que a Costa da Morte invada a rede, APTCM, CMAT e Lar abriron un concurso de fotos en instagram, de xeito que os que suban unha foto coa etiqueta #muraisLarCMAT. Un concurso que regala estancias nos establecimentos costeiros (Hotel Casa de Canle, Casa Rural As Eiras, Pension Atlantico, Hotel A Torre de Laxe, Casa Rural de Verdes, Hotel Bela Fisterra, Hotel Praia de Laxe).

Estiman que de aquí a final de ano poden chegar ás 500.000 imaxes na rede, polo menos a 1.500.000 visibilizacións e máis de 1.000.000 de veces que se repita o nome da Costa da Morte durante a duración da exposición en paseo marítimo da localidade.

Haberá un total total de 15 premios, sendo os dous primeiros gañadores (da primeira quincena de xuño) @enbuscadelaaccesibilidad e @carlubarro.

1 ganadores MuraisLarCMAT

Novas relacionadas

Comentarios