Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte cómese o mar nesta ponte da Inmaculada

A Costa da Morte cómese o mar nesta ponte da Inmaculada
Esta ponte da inmaculada ten unha cita gastronómica ineludible. Xa están en marcha as xornadas gastronómicas ‘Cómete o Mar’, que arrancan este, sábado día 4, nas comarcas de Muros, Noia e Fisterra. As xornadas prolongaranse ata o vindeiro mércores, 8 de decembro, co dobre obxectivo de promover as excelentes posibilidades culinarias de once produtos do mar característicos destas costas e amosar a realidade da cultura e tradición mariñeiras. Un cento de establecimentos participan na aposta polos nosos produtos, e a comida completarase cunha enorme variedade de propostas culturais co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio mariñeiro.

Programa 4 de decembro

  • Menús gastronómicos e degustación de tapas nun cento de restaurantes, bares e cafeterías dos nove concellos participantes.
  • Ruta das Mariscadoras. En horario de mañá e tarde desde as instalacións da Confraría de Lira, en Portocubelo (Carnota).
  • Ruta do Porto e visita á caseta de Pepe de Cuco, unha antiga construción mariñeira rehabilitada para amosar unha exposición sobre a historia do porto e as artes de pesca e marisqueo, e que inclúe o único encascadoiro que se pode ver hoxe en Galicia. En horario de mañá e tarde desde as instalacións da Confraría de Lira, en Portocubelo (Carnota).
  • Xornada de Pesca Deportiva. Horario a convir. Confraría de Lira.
  • Ruta de Fornelo, con visita a praia de Fornelo, a unha antiga fábrica de salgadura e a pequenas covas mariñas. Peirao do Sinal ás 12:00 horas. Confraría de O Pindo (Carnota).
  • Ruta para coñecer un porto pesqueiro. En horario de mañá. Portosín (Porto do Son).
  • Paseo pola costa en embarcación. Entre 11:00 e 17:00 horas dende o Porto de Muros.
  • Saída en veleiro con degustación de produto mariñeiro. Saídas entre 11:00 e 17:00 horas dende o Porto de Muros.
  • Ruta polo polígono das bateas con información completa do proceso de produción do mexillón. Saídas desde 11:00 a 17:00 horas desde o Porto de Muros.
  • Demostración de cociña, con Pepe Solla, do Restaurante Casa Solla de Poio, baixo o título de `Cociñando á beira do mar´. Ás 18:00 horas na Praza de Abastos de Muros.
Establecimentos participantes Poderán atopar estas ricas tapas nos seguintes establecimentos dos concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, e Porto do Son:

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do GAC.

Comentarios