13 Concellos da comarca aproveitan as axudas directas da Deputación para financiar o persoal das oficinas de Turismo
09:13 11/04/26
A Deputación da Coruña concedeu definitivamente o programa de subvencións DP0029/2026. Esta liña de axudas, impulsada polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico e cun investimento total de preto de 800.000€, permitirá que un total de 54 concellos e agrupacións locais da provincia conten con financiamento para sufragar os gastos de persoal das súas oficinas de turismo durante o presente exercicio.
Concellos costeiros que reciben esta axuda
- Concello de Camariñas (19 888,26 €).
- Concello de Carballo (19 311,14 €).
- Concello de Carnota (17 348,94 €).
- Concello de Cee (15 848,44 €).
- Concello de Corcubión (14 117,09 €).
- Concello de Dumbría (12 847,43 €).
- Concello de Fisterra (17 233,52 €).
- Concello da Laracha (16 887,25 €).
- Concello de Laxe (18 849,45 €).
- Concello de Malpica (13 995,72 €).
- Concello de Muros (17 695,21 €).
- Concello de Muxía (15 813,01 €).
- Concello de Vimianzo (17 082,67 €).
Outros concellos como Zas, contan con entidades como a Fundación Brandomil que xestiona a Oficina de Turismo, ou contan con marcos de colaboración específicos como é o caso da oficina do Dolmen de Dombate, en Cabana.

