Os 14 concellos do litoral costeiro reciben axudas da Deputación para a limpeza de praias
13:37 22/04/21
Non teñen excusas os concellos da comarca para ter os areais sucios. A Deputación fai unha achega de case 300.000€ para o mantemendo dos areais. Unhas axudas para os concellos costeiros no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas, así como a adquisición do material necesario, vestiario ou combustible dentro do periodo comprendido entre os meses de abril e outubro (incluídos).
Concello | Concepto | Importe da Axuda |
LARACHA | LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2021 | 23.075,52 € |
CABANA | LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2021 | 15.601,62 € |
CAMARIÑAS | PROGRAMA PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS NO 2021 | 24.805,80 € |
CARBALLO | LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS EXERCICIO 2021 | 31.149,30 € |
CARNOTA | CONTRATACIÓN DIRECTA BRIGADA/S DE LIMPEZA DE PRAIAS ANUALIDADE 2021 | 29.280,34 € |
CEE | MA100 Programa de limpeza de praias marítimas 2021 | 21.791,05 € |
CORCUBION | Limpeza de Praias 2021 | 7.869,85 € |
DUMBRIA | LIMPEZA DA PRAIA DO EZARO | 18.136,16 € |
FISTERRA | CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA LIMPEZA DE PRAIAS 2021 | 26.165,41 € |
LAXE | CAMPAÑA DE LIMPEZA DE PRAIAS 2021 | 25.853,92 € |
MALPICA | PROGRAMA LIMPEZA PRAIAS MALPICA 202º | 17.297,00 € |
MUROS | LIMPEZA DE PRAIAS MARITIMAS CONCELLO DE MUROS, ANUALIDADE 2021 | 24.919,44 € |
MUXIA | LIMPEZA DE PRAIAS 2021 | 21.753,06 € |
PONTECESO | CONTRATACION DE PERSOAL PARA A CREACION DUNHA BRIGADA DE LIMPEZA DE PRAIAS NO CONCELLO DE PONTECESO | 29.591,83 € |