Xoves. 18.04.2024
El tiempo

14 meses sen pediatra en Carballo

14 meses sen pediatra en Carballo
Centro de Saude de Carballo

E seguimos sumando. Non hega relevo para a praza de pediatra do Centro de Saúde de Carballo. Despois de máis de 14 meses de baixa, a praza continúa sen ser substituída.

Volve ser a CIG-Saúde de Bergantiños a que levanta a voz denunciando unha “situación absolutamente inadmisible, que non se pode consentir a ausencia dunha profesional de pediatría, que non hai dereito a que os nenos e nenas que teñen asignado ese cupo de pediatría non teñan un profesional de referencia e teñan que ir a un pediatra diferente cada vez que teñen que acudir ao Centro de Saúde”.

Contan que xan xa varios meses desde que o Xerente da Área Sanitaria da Coruña se reunise co Alcalde e supostamente “se comprometese a buscar unha solución, mais o certo é que as cousas continúan igual”. A día de hoxe repartíndose a diario os pacientes deste cupo de pediatría entre os demais profesionais e continúa sen haber unha persoa nesa consulta.

Dende a CIG pregúntanse: “Cantas reclamacións terán que presentar as nais e país para que se tomen medidas? Ata cando van ter que seguir aturando esta situación? Non ten pensado a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña buscar unha solución? Considera que as crianzas non necesitan ter un pediatra de referencia? Considera a Xerencia que é admisíbel que cada vez que veñan teñan que ir a un pediatra diferente?”

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CIG Saúde.

Comentarios