Luns. 30.11.2020
El tiempo

16 [email protected] comezan o obradoio de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Inauguración do Obradoiro de Emprego de Muxia-Camarinas e Soneira
Inauguración do Obradoiro de Emprego de Muxia-Camarinas e Soneira
16 [email protected] comezan o obradoio de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Este martes tivo lugar na Casa da Cultura a inauguración do programa de Emprego que artellan os concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo ‘Xuventude polo emprego’. Un Obradoiro de Emprego no que 16 mozos e mozas incluídos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil poderán formarse e cobrar ademais un soldiño cun contrato de traballo ata o 14 de setembro de 2021.

Un Obradoiro que se desenvolverá en Vimianzo como entidade promotora, pero as prazas repartíronse de xeito equitativo entre os tres concellos. Son dous módulos: ‘Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web’ e ‘Instalación de elementos de carpintería’.

Os rexedores dos tres municipios Sandra Insua, Iago Toba e Mónica Rodríguez, insistiron nos agradecementos ás ADL dos tres Concellos: María Jiménez, Rosa Sánchez e Anabel Piñeiro, que conseguiron unha unha subvención de 369.492,32 euros para levar a cabo o programa de emprego, que está cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Fondo Social Europeo ‘Iniciativa de Emprego Xuvenil, o FSE inviste no teu futuro’.

Rexedoras e ADL de Camarinas Muxia e Vimianz
Rexedoras e ADLs

Obxectivos

Os obxectivos do segundo módulo son: montaxe de casetas multifuncionais en Vimianzo e Camariñas, actuación na fachada da biblioteca municipal de Camariñas, mantementos e mobiliario en todo Vimianzo e específicamente na escola de Reboredo e na de Señoráns e arredores, mantementos e melloras de chan e paramentos de madeira das oficinas da Casa de Pedra de Camariñas e o mantemento e a mellora de elementos de madeira da área fluvial do Río Negro en Muxía.

comentarios