2 millóns para os concellos da comarca polo Fondo de Cooperación Local

Estas semanas, a Xunta de Galicia está abonando aos concellos a partida do mes de marzo e a liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local. Unha medida para dotar de liquidez aos gobernos locais no momento no que máis o necesitan. A comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibiu xa preto dos 2 millóns de euros para poder facer fronte agora as súas necesidades máis urxentes.
Son axudas, xestionadas a través da Lei Xeral de Contratos, que a Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza reparte seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Téñense conta datos como o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación. Tendo en conta estes criterios os municipios se dividen en tres grupos, menores de 15.000 habitantes, entre 15.000 e 50.000 habitantes e máis de 50.000.
CONCELLO | LIQUIDACIÓN 2018 | TRANSFERENCIA 1º TRIMESTE 2020 | TOTAL |
CABANA | 26.775,10 | 66.950,01 | 93.725,11 |
CAMARIÑAS | 23.788,08 | 62.322,00 | 86.110,08 |
CARBALLO | 54.171,14 | 286.268,25 | 340.439,39 |
CEE | 32.769,57 | 80.046,99 | 112.816,56 |
CORCUBIÓN | 9.042,76 | 29.666,25 | 38.709,01 |
CORISTANCO | 38.521,96 | 96.774,51 | 135.296,47 |
DUMBRÍA | 22.764,04 | 60.777,99 | 83.542,03 |
FISTERRA | 20.578,46 | 54.302,49 | 74.880,95 |
LARACHA, A | 56.286,76 | 128.110,50 | 184.397,26 |
LAXE | 16.078,05 | 44.417,76 | 60.495,81 |
MALPICA | 27.233,96 | 67.283,25 | 94.517,21 |
MUXÍA | 29.767,81 | 76.020,24 | 105.788,05 |
PONTECESO | 30.098,61 | 78.312,24 | 108.410,85 |
SANTA COMBA | 50.178,30 | 122.495,25 | 172.673,55 |
VIMIANZO | 40.876,65 | 101.024,01 | 141.900,66 |
ZAS | 28.710,31 | 73.459,26 | 102.169,57 |
- Faltan os datos de Mazaricos, Muros e Carnota.