2 millóns de euros investidos polo GDR Costa da Morte no 2011

09:30 26/12/11

Creación e consolidación de emprego
Gracias ao apoio e financiamento aos diferentes proxectos que se veñen desenvolvendo nestes dous últimos anos, téñense creado ata o de agora 16,5 novos empregos, ao mesmo tempo que se viñeron consolidando 75,67.Variedade de proxectos
A tipoloxía dos proxectos presentados é moi variada, e inclúe tanto proxectos productivos como non productivos, é dicir, aqueles sen ánimo de lucro. Atendendo ao seu estado de execución, a desagregación é a seguinte:- Proxectos finalizados: Modernización e incremento da capacidade productiva dunha fábrica de pensos (Vimianzo); Telecentro (Mazaricos); Instalación de unha nova pastelería (Camariñas); nova liña de negocio de instalación de placas solares fotovoltaicas (Vimianzo); creación dun restaurante (Vimianzo); compra de maquinaria para a ampliación dunha imprenta (Muxía); ampliación de unha carpintería de madeira (Vimianzo); Modernización empresarial (Vimianzo), merca de desbrozadota e fresadora ( Vimianzo); realización de áreas de pastizais no MVMC Montecelos (Vimianzo); cociñado ao baleiro (Corcubión); Telecentro de Caberta (Muxía);
- Proxectos aprobados en execución: Planta de primeira transformación de elaborados cárnicos (Dumbría); Telecentro en A Devesa (Vimianzo); recuperación medioambiental dos accesos ao mirador do Ézaro (Dumbría); mellora dun tramo do camiño Xacobeo e arredores (Corcubión); Telecentro municipal "Carnota en rede" (Carnota); ampliación dunha carpintería de madeira (Zas); Instalación dun novo restaurante (Camariñas); instalación de nova planta de clasificación, pesaxe e aserrado de madeira (Vimianzo); creación de Casa de Labranza (Mazaricos); creación dun Centro Social (Fisterra); rehabilitación e adaptación dun edificio para Centro Social (Vimianzo); creación de un Centro Wellnes (Fisterra); ampliación de maquinaria dunha empresa de servizos agrícolas, gandeiros e forestais (Muxía) e envasadora de leite fresca nunha explotación gandeira para a venta directa de leite (Muxía).
- Proxectos aprobados en reserva: Ampliación dunha panadería (Vimianzo) e creación de unha panadería artesanal (Mazaricos).
- Proxectos en trámite: Ampliación de unha carpintería de madeira (Vimianzo); modernización de panadería e pastelería (Fisterra); instalación dunha fábrica de equipos de frío industrial (Vimianzo); instalación dun taller de mantemento e reparación de equipamentos de hostalería (Camariñas); adecuación de un local para Academias de Ensinanza de formación e perfeccionamento non superior (Vimianzo); nave para a instalación, fabricación e montaxe de estacións meteorolóxicas (Vimianzo); instalación de un novo equipo de anestesia nunha clínica veterinaria (Cee); compra dun novo equipo forestal para a saca de madeira (Vimianzo); compra dun autocargador forestal (Vimianzo); adquisición de maquinaria para o servizo de recheo de cubículos gandeiros (Mazaricos); ampliación de carpintería de madeira (Zas); ampliación de panadería (Vimianzo); mellora e modernización de unha empresa agraria (Vimianzo); modernización, incorporación de novas tecnoloxías, melloras e estudos de xestión dunha cooperativa de recría en conxunto de novillas frisonas (Mazaricos); ampliación de instalacións para almacenaxe de forraxe e melloras tecnolóxicas (Mazaricos) a adquisición de un carro mesturador autopropulsado (Vimianzo); mellora medioambiental da travesía da Constitución (Corcubión) e melloras tecnolóxicas para a xestión do parque de maquinaria agrícola (Mazaricos).
- A maiores téñense recibido 11 solicitudes máis incompletas, polas que se está agardando recibir a documentación solicitada.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- O GDR Costa da Morte e a Cooperativa Rainha Lupa amplían Horizontes.
- 9 fotos que definen a paisaxe e os oficios da Costa da Morte.
- Xornadas de Difusión de Proxectos Leader: A Costa da Morte quere innovar.
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- Nota de prensa do GDR Costa da Morte.