A Gran Orden Gastronómica da Costa da Morte estreouse no Xantar


Este pasado xoves 7 de marzo, tivo lugar a primeira aparición pública da Gran Orden Gastronómica Costa da Morte (GOGCoMo). E foi nunha das citas gastronómicas máis importantes do ano en Galicia, a Feira Xantar, que se celebra estes días en Expo-Ourense. Alí tivo lugar a presentación pública da entidade costeira unha marea de cofradías gastronómicas de todo o mundo.
A expedición, capitaneada polo Presidente José Manuel Pato, participou na inauguración, participaron nun xantar multicultural pero de raíces galegas, e posteriormente, despois de varias catas e degustacións, a primeira hora da tarde realizaron a presentación pública da entidade costeira.
Tras loubar as bondades gastronómicas da nosa terra, Pato recibía a placa conmemorativa da Feira Xantar, ademais de proceder a entregar varios diplomas da GOGCoMo.

Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).