luns. 06.07.2026
El tiempo

A maridaxe galaico-xaponesa encheu como nunca o Parque do Alén para abrir o verán cultural do Quinteiro

Parque do Alen cheo con Icia Varela 2
A maridaxe galaico-xaponesa encheu como nunca o Parque do Alén para abrir o verán cultural do Quinteiro

Arrincou o verán cultural artellado pola familia do Quinteiro de Buño, e fíxoo cunha mirada multicultural, que une a Costa da Morte con Xapón. Nunca tanta xente concentrouse no Parque de Alén, porque a ocasión o merecía. Ademais do polo á grella da cantina, o concerto da cerquedá Icía Varela e as xaponesas Yoshimi e Haruna Chatani foi unha cita do máis simbólica.

A cantareira galega e divulgadora da música tradicional, maridou a súa experiencia na tradición galega coas xaponesas e Yoshimi Haruna Chatani, unha intérprete xaponesa especializada na frauta tradicional de bambú, e unha música xaponesa que interpreta instrumentos tradicionais do seu país, como o kōto, combinándoos tamén con instrumentos da tradición galega como a gaita e a pandeireta.

Xuntas ofreceronn unha proposta artística singular na que as sonoridades tradicionais de Galicia e do Xapón se atopan para crear unha experiencia musical chea de sensibilidade, respecto polas raíces e espírito de encontro.

Parque do Alen cheo con Icia Varela

Máis citas no Quinteiro

As citas continúan o sábado 11 de xullo, cunha Festa Ochenteira e exposición de coches clásicos, amenizada polo Grupo Retotrool e Dj. Grobas. Haberá servizo de bar e hamburguesas.

O sábado 18 de xullo hai un faladoiro sobre xoguetes e enredos tradicionais. Será ca presentación do proxecto, e do libro "Patrimonio Lúdico Galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais" do Observatorio de Patrimonio Lúdico Galego e Apolinar Varela. Ecomuseo Forno do Forte de 11:30 a 13:30 h.

Xa o 7 de agosto chega o prato forte, ca II edición do Festival Folk de Buño, aínda por determinar o cartel.

Tamén estamos á espera das festas da Filomena, para os 8 e 9 de agosto. E o 12, para pasar a tardiña co eclipse, traen ao grupo de zanfoñas e música electrónica “Maqúina de meter medo”.

Comentarios