Martes. 23.04.2024
El tiempo

3 empresas da Costa da Morte exportan saber TIC por Galicia

3 empresas da Costa da Morte exportan saber TIC por Galicia
Xa estivemos, de cheo, nas Xornadas Turis-Tic que as empresas costeiras Abertal, Galinus e Hexis Comunicación desenvolveron na Costa da Morte. Pero é que estas auditorías TIC (poden ollar xa en www.turis-tic.es), estas sesión práctidas de internet para empresarios do sector turístico rural, vai espallarse por toda a xeografía galega. Unhas xornadas que forman parte do convenio común entre as tres principais entidades empresariais do sector e Turgalicia. Nos vindeiros meses hai varias xornadas xa en marcha. Realizarase unha xornada por provincia os días 30 de novembro en Santiago de Compostela, o 2 de decembro en Allariz, o 13 en Lugo e o 15 en Moraña. Obxectivos Os seminarios Turis-Tic queren ofrecer aos empresarios do ámbito turístico as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos comunicacionais e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Preténdense dar solucións ao que actualmente máis preocupa aos propietarios de establecementos turísticos, Como vender en Internet? Estouno facendo ben?

Unha ollada dende dentro

Poden ollar este sinxelo vídeo das Xornadas desenvoltas en Cee, realizado por Gustavo Zuin, de Marcos Rodríguez.

Inscricións

As inscricións realizaranse a través da web www.turis-tic.es ou no teléfono 902 23 31 31. A xornada de Santiago estará aberta a calquera empresa do sector turístico que queira asistir sen custo algún, nas outras tres, as empresas que non estean asociadas a Fegatur, Agatur ou Pazos de Galicia, terán que pagar 35 Euros, que inclúen o xantar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC.

Comentarios