Xoves. 28.03.2024
El tiempo

EMPREGO

5 empresas da comarca recibiron medio millón de euros do Programa Conecta Peme de innovación

Visita a Ponteceso
Visita institucional á empresa pontecesá Glaucor Ingeniería
5 empresas da comarca recibiron medio millón de euros do Programa Conecta Peme de innovación

As instalacións de Glaucor Ingeniería, empresa radicada no polígono de Tella, recibía esta mañá a unha comitiva institucional que daba conta das axudas da cuarta edición do programa Conecta Peme. Un programa que deixou en 2018 574.000€ de subvención pública (arredor dun millón de investimento total) para 5 empresas da comarca.

A empresa pontecesá, que desenvolve tecnoloxías para o tratamento dos residuos da produción láctea para obter produtos de valor engadido, auga de regadío ou de proceso e biogás para o autoabastecemento, foi unha das beneficiarias deste programa de I+D+i.

Os proxectos financiados están relacionados co desenvolvemento experimental, con potenciar a Industria 4.0 a través de proxectos de innovación en materia de organización e proxectos, e coa investigación industrial. As iniciativas aprobadas desenvolveranse ata o 2020 e executaranse nun prazo de 2 ou 3 anos.

Comentarios