Venres. 19.04.2024
El tiempo

65 establecementos súmanse ao bono turístico "Quedamos en Galicia 2022"

bono-turistico-costa-da-morte
O delegado da Xunta na Coruña visitou onte un destes establecementos situado en Cabana de Bergantiños
65 establecementos súmanse ao bono turístico "Quedamos en Galicia 2022"

Un total de 65 establecementos turísticos da Costa da Morte están adheridos ao bono turístico "Quedamos en Galicia" que xa está activo dende o pasado 15 de setembro. Así o sinalou onte o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na súa visita a Cabana de Bergantiños na que estivo acompañado do alcalde, José Muíño. 

O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 433.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021.
Trenor fixo estas declaracións, acompañado no transcurso dunha visita ás Cabañas da Fonte en Canduas un dos establecementos que se poden seleccionar, ubicado no Concello de Cabana, dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos ao remate desta terceira edición cun gran éxito de participación, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”. Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estuvimos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.

Locales adheridos no Bono Turístico 2022:

  • CASA LUGAR DE TRASANDE (A LARACHA)
  • A CASA DA ESTRELLA (CABANA DE BERGANTIÑOS)
  • Cabañas da Fonte (Cabana de Bergantiños)
  • Turismo Rural O Xastre de Anos (Cabana de Bergantiños)
  • O Mar de Preciosa (Camariñas)
  • Playa de Camariñas (Camariñas)
  • Balneario de Carballo (Carballo)
  • Mar de Menta Viaxes (Carballo)
  • Mar de Queo (Carballo)
  • Mar de Queo 2 (Carballo)
  • Punta del Este (Carballo)
  • Río Sil (Carballo)
  • A Ballenera (Cee)
  • As Eiras (Cee)
  • Cabanas da Ría (Cee)
  • Cabañas de Lires (Cee)
  • Casa Jesús (Cee)
  • Casa Raúl (Cee)
  • Hotel Ínsua (Cee)
  • Pensión Liresca (Cee)
  • Ría de Lires (Cee)
  • Travels to Finisterre S.L. (Cee)
  • Apartamentos Vida Corcubión (Corcubión)
  • Casa de Santa Uxía (Dumbría)
  • Hotel Mar do Ézaro (Dumbría)
  • A Casiña de Dina (Dumbría)
  • Alén do Mar (Dumbría)
  • Apartamentoss Vida Finisterre (Fisterra)
  • Cabañas Fisterra (Fisterra)
  • Casta da Morte (Fisterra)
  • HCaboSport (Fisterra)
  • Hotel Mar da Ardora Natureza e Prais (Fisterra)
  • Hotel Mar de Fisterra (Fisterra)
  • Hotel Rústico Finisterrae (Fisterra)
  • Hotel Vida Finisterre Centro (Fisterra)
  • O Semáforo (Fisterra)
  • Prado da Viña (Fisterra)
  • A Torre de Laxe (Laxe)
  • Cabana Narea (Laxe)
  • Casa Rural de Arrueiro (Laxe)
  • Hotel Mar de Laxe (Laxe)
  • Hotel O Naútico (Laxe)
  • Playa de Laxe (Laxe)
  • A Casa da Vasca (Malpica)
  • Cabanas de Vendabal (Malpica)
  • A de Loló (Muxía)
  • Apartamentos Vida Muxía (Muxía)
  • Camiño da Barca (Muxía)
  • Casa Castiñeira (Muxía)
  • Casa das Fiadeiras de Nemiña (Muxía)
  • Casa de Lema (Muxía)
  • Casa Fontequeiroso (Muxía)
  • ET Suseia (Muxía)
  • Hostel Monasterio de Moraime (Muxía)
  • La Cruz (Muxía)
  • Parador Costa da Morte (Muxía)
  • Praia do Capitán (Muxía)
  • Solpor do Coído (Muxía)
  • Casa do Caseiro (Ponteceso)
  • Playa de Osmo (Ponteceso)
  • A Casa da Canle (Vimianzo)
  • Casa da Fontenla (Vimianzo)
  • Pastoriza (Vimianzo)
  • Casa do Relojero (Zas)
  • Casa do Vento (Zas)

Comentarios