sábado. 11.07.2026
El tiempo

As cachenas de Ponteceso, exemplo ideal da cría extensiva de raza autóctona

20260710_belen_ponteceso_016
As cachenas de Ponteceso, exemplo ideal da cría extensiva de raza autóctona

A gandería de Marcos Antonio Ríal Costa, especializada en vacas cachenas, recibía este venres unha visita institucional. A Xunta e o Concello aproveitaban a singularidade e a aposta pola excelencia gandeira e de raíz galega da explotación pontecesá para lembrar que a Consellería de Medio Rural convoca estas axudas, dotadas con 390.000 euros, que teñen como finalidade apoiar aos produtores que apostan pola preservación do patrimonio xenético, así como pola sustentabilidade do rural.

Esta explotación, en plena expansión, conta con 60 vacas, das cales 41 son produtivas e outras 19 teñen menos de 6 meses. Neste senso, a delegada destacou a gran utilidade deste modelo de gandería en extensivo na limpeza das franxas secundarias.

Belén do Campo destacou que esta explotación recibiu, o ano pasado, unha achega para apoiar o mantemento de 8 exemplares de recría dentro das achegas da Xunta que teñen por obxectivo reforzar o apoio aos gandeiros que apostan pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade do rural

Con estas axudas búscase que os gandeiros poidan substituír os seus animais por exemplares criados na propia explotación desde o desleite, o que contribúe a mellorar a adaptación dos animais ao medio, reducir custos e garantir a continuidade das explotacións.

Comentarios